Sanxenxo iza as súas 17 bandeiras azuis xunto aos veciños e os colectivos sociáis

 O acto central terá lugar en Silgar co alcalde, o presidente de Adeac e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez
Playa de Silgar. DP
photo_camera Praia de Silgar. DP

Non en balde, Sanxenxo é o concello por excelencia das bandeiras azuis na provincia e no Estado, polo que celebrará o éxito obtido este ano ao grande. Deste xeito, veciños e colectivos sociáis do concello serán os protagonistas do acto do izado simultáneo das 17 bandeiras outorgadas por Adeac, e no que haberá representación municipal.

O Goberno expresou a súa vontade de facer partícipe á sociedade dun recoñecemento que mantén, un ano máis, a Sanxenxo como o concello con máis bandeiras azuis do Estado español. O "intenso traballo e o importante investimento en capital humano" que realiza nas súas praias, así como na posta a punto do verán, foron as chaves que o Goberno local destacou como o camiño de cara a conseguir un logro que converte ao concello en "referente turístico".

Ao acto, asegurou o executivo liderado por Telmo Martín, tamén foron invitados todos os membros da oposición que, "excepto o portavoz de SAL, Yago Torres, declinaron a invitación". Este foi un dos temas que xeraron máis debate no Pleno extraordinario da Corporación celebrado na mañá do martes, aínda que a xestión das praias non se atopaba entre os puntos do día. Con todo, provocou unha serie de reproches e explicacións protagonizadas polos membros da oposición e o propio alcalde, Telmo Martín, que recriminou a súa actitude.

Os membros do Goberno local acompañarán aos veciños no izado de nove das 17 praias con esta insignia. En Silgar, o alcalde, Telmo Martín, estará acompañado de a conselleira do Medio Ambiente, Angeles Vázquez, o presidente da Adeac, Jose Palacios, e o presidente do CETS, Afonso Martínez, onde terá lugar o acto central.

Amplo desplegue Representación nas praias
Os colectivos e membros do Goberno local repartiranse polos areáis con bandeira azul para proceder ao izado exactamente ao mesmo tempo. Por exemplo, en Area de Agra, o concelleiro de Obras e Servizos, Óscar Vilar, acompañará a unha portavoz de Grupo de Baile Soalleira; en Areas, izará a bandeira a Asociación San Pedro de Bordóns; en Pandeira, a portavoz do goberno María Deza acompañará ao presidente de Entretendas, Xullo Presas; en Baltar estará o concelleiro de Economía, Marcos Guisasola e a piragüista portonovesa, Sara Durán Piñeiro. A concelleira de urbanismo, Flavia Bicada, estará no izado da bandeira de Caneliñas co futbolista portonovés Fran Rico, e en Canelas, estará o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, entre outros.

Comentarios