viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

O Seprona tramitou 1.600 denuncias e investigou a 93 persoas en 2017 na provincia de Pontevedra

Unha egua maltratada en Armenteira, rescatada o pasado agosto. DP
Unha egua maltratada en Armenteira, rescatada o pasado agosto. DP

Investigou 50 delitos de incendio forestal, 32 delitos relacionados coa propiedade industrial e 31 delitos de malos tratos ou abandono de animais

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil tramitou, durante o pasado ano, case 1.600 denuncias por infraccións administrativas, e detivo ou investigou a 93 persoas na provincia de Pontevedra. 

Así se desprende da Memoria 2017 deste servizo dada a coñecer polo Instituto Armado, que explicou que as infraccións relativas á normativa de residuos e verteduras supuxeron 291 actuacións; mentres que as denuncias sobre animais de compañía ascenderon a 257. 

Ademais, tramitáronse 146 denuncias por infraccións da normativa de montes; outras 137 relacionadas con sanidade animal e epizootias (enfermidades contaxiosas que afectan a animais); e 107 relacionadas con infraccións da normativa de augas. 

A estas actuacións súmanse outras 100 denuncias por contravenir a normativa sobre animais perigosos; 98 infraccións relacionadas coa pesca; 52 por infrinxir normas de urbanismo e ordenación do territorio; 48 sobre sanidade e medioambiente; 44 relacionadas con sanidade vexetal e fitosanitarios; e 41 máis sobre espazos naturais, flora e fauna.

DELITOS. Por outra banda, o Seprona investigou 151 delitos, e detivo ou investigou a 93 persoas. Así, actuou en 50 delitos de incendio forestal (5 detidos e 14 investigados); 32 delitos relacionados coa propiedade industrial (un detido e 32 investigados); e 31 delitos de malos tratos ou abandono de animais domésticos (3 detidos e 17 investigados). 

Así mesmo, este servizo da Garda Civil interveu na investigación de 12 delitos urbanísticos, tres delitos sobre a protección da flora e a fauna, e outros catro delitos contra a saúde pública vinculados a produtos alimenticios.

ANIMAIS RESCATADOS E INSPECCIóNS. No marco destas actuacións, e en aplicación do convenio sobre o comercio internacional de especies ameazas, o Seprona recuperou 6 tartarugas carbonaria, 3 tartarugas rusas, unha tartaruga trionix e un caimán; ademais de dous falcóns gerifalte e un azor. 

Finalmente, con respecto ás inspeccións, durante o 2017 formalizáronse 1.096 actas de inspección. Así, realizáronse 179 inspeccións por residuos e verteduras, outras 127 relacionadas con animais de compañía, 101 sobre normativa de montes, 89 sobre sanidade animal, 82 sobre normativa de augas e outras 82 sobre razas caninas perigosas. 

O Seprona tramitou 1.600 denuncias e investigou a 93 persoas en...
Comentarios