O Sergas garante a atención no PAC do Porriño a pesar das baixas

As ausencias están a cubrirse a través da extensión das xornadas doutros profesionais, debido á "carencia absoluta" de médicos dispoñibles nas listas de contratación

Ambulatorio de O Porriño. EFE
photo_camera Ambulatorio do Porriño. EFE

A xerencia da área sanitaria de Vigo garante a atención no punto de atención continuada (PAC) do Porriño dado que xa está a cubrir as ausencias dos titulares do centro por vacacións pendentes ou pola baixa por enfermidade doutros. Nun comunicado, o Sergas indica que estas baixas se están cubrindo a través da extensión das xornadas dos profesionais do propio centro e doutra da área sanitaria.

Éstas son as "únicas formas viables" de cobertura neste momento, abundan desde o Sergas, debido á carencia "absoluta" de médicos dispoñibles nas listas de contratación. Calquera das fórmulas empregadas, esgrime, cumpre coa normativa en vigor, "respectando os descansos e o número de horas de traballo", afirma o Sergas.

Tamén recalca que se está cumprindo o plan funcional desta PAC, que establece a presenza de dous médicos por quenda, "a pesar das dificultades para garantir a asistencia". 

Comentarios