O servizo provincial de extinción de incendios en Pontevedra é público desde este martes, xornada na que entraron en vigor os cambios introducidos nun servizo que pasa a estar participado ao 50% entre Xunta e Deputación.
O proceso, que culminou na medianoite do martes, supón a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques do consorcio: O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía.
Este persoal pasa a ser indefinidio non fixo ata a cobertura definitiva das prazas, segundo informa o goberno provincial que encabeza Carmela Silva, quen recoñeceu o "tremendo esforzo" levado a cabo polo persoal para "poder cumprir co procedemento en tempo e forma".