Setembro empeza con alerta amarela por altas temperaturas en Pontevedra

A vaga de calor deixará máximas de 34 graos na provincia este fin de semana. A situación cambiará a partir do luns

Calor, playa, buen tiempo, sol. ANDY RAIN (EFE)
photo_camera O sol lucirá en toda Galicia ata a tarde do domingo. ANDY RAIN (EFE)

Gran parte da provincia de Pontevedra —todo o litoral e sur— estará en alerta amarela este fin de semana por temperaturas máximas superiores aos 34 graos. O aviso activarase entre as 15.00 e as 21.00 horas do sábado e manterase na mesma franxa horaria o domingo.

Setembro chega cunha vaga de calor que tamén deixará aviso amarelo por temperaturas máximas superiores aos 36 graos na provincia de Ourense.

Este sábado, os mercurios roldarán os 30 graos en de máxima na Coruña, Ferrol e Lugo e superaranos, ademais de en as provincias de Pontevedra e Ourense, en Santiago de Compostela, onde se poden alcanzar os 32 graos.

sábado

A noite tamén será cálida, xa que, segundo a previsión de Meteogalicia, as mínimas poden oscilar entre os 16 graos de Lugo e os 21 de Vigo.

Xa o domingo, as altas presións continuarán dominando a situación meteorolóxica en Galicia durante a mañá, con ceos despexados e temperaturas máximas de novo elevadas para esta época do ano: 36 graos en Ourense, 34 en Pontevedra e Vigo, 33 en Santiago, 32 en Lugo e Ferrol e 28 na Coruña. 

Con todo, pola tarde, crecerán as nubes de evolución no interior da comunidade, con posibilidade de tormentas que pola noite poden deixar choivas na provincia de Ourense.

domingo

A inestabilidade marcará o inicio da semana, con ceos nubrados, choivas na zona este de Galicia e un notable descenso das temperaturas máximas. As mínimas, con todo, situaranse entre os 17 graos da Coruña e os 20 de Ourense e Vigo.
 

luns

Comentarios