Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Silva acusa o alcalde de Tui de non esixir responsabilidades á Xunta pola explosión 

Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Vázquez Padín anunciou a súa decisión de acampar todos os luns de setembro fronte ás sedes da Deputación e da Subdelegación do Goberno para presionar a ambas as administracións "para que cumpran os seus compromisos con Piramos"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acusou ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, de marear "a perdiz" para non esixir responsabilidades á Xunta pola explosión dunha pirotecnia ilegal na parroquia de Paramos. 

Así se pronunciou a presidenta socialista despois de que o rexedor tudense anunciase a súa decisión de acampar todos os luns do mes de setembro na Alameda de Pontevedra fronte ás sedes da Deputación e da Subdelegación do Goberno co obxectivo de presionar a ambas as administracións "para que cumpran os seus compromisos con Pairamos". 

"O alcalde está a pór deberes a outras administracións menos á que é competente, que é a Xunta de Galicia", dixo este venres en rolda de prensa a presidenta provincial. 

En opinión de Carmela Silva, o alcalde equivócase de lugar onde ten que pór a tenda de campaña" ao considerar que debería instalala diante da Delegación da Xunta de Galicia, "que é a única competente para facer fronte ás catástrofes". 

Fronte a iso, a presidenta da Deputación fixo algunhas recomendacións Vázquez Padín para que, "en lugar de acampadas", solucione a "grave situación urbanística" na que se atopa Paramos e afronte medidas como a redacción e tramitación de numerosos documentos urbanísticos "que xa deberían estar en preparación". 

E é que, conforme sinalou, a devastadora explosión puxo de manifesto a "irregular situación urbanística" na que se atopaban as parcelas afectadas "e que agora non permite axilizar actuacións".

TRÁMITES. Entre outros trámites, Silva sinalou que é necesario que o Concello redacte e tramite de forma urxente un estudo parcelario para a corrección catrastaral, outro de consolidación de aliñacións no núcleo rural da Torre, así como unha análise parcelaria para operacións de normalización de leiras e unha ordenanza que permita regular as situacións fóra de ordenación. "¿Xa o está facendo o alcalde?", preguntou. 

Segundo afirmou a presidenta, trátase duns expedientes de responsabilidade municipal "que aínda non se iniciaron e que impiden o inicio de actuacións" para rehabilitar as vivendas afectadas. Por iso, instou ao rexedor tudense a iniciar estes trámites en lugar de seguir "perdendo o tempo". "Que se dedique ao importante, que é solucionar estas cuestións, sen estas non se pode dar nin sequera un só paso adiante", insistiu. 

A titular do executivo provincial lembrou que a Deputación dnon ten ningunha competencia nesta materia. "é máis, nin o interventor nin o secretario permitiríannolo porque está fóra das nosas competencias", apuntou. 

Ademais, enumerou as diferentes accións postas en marcha pola institución provincial, entre as que citou as levadas a cabo polo Servizo de atención intermunicipal que "desde o primeiro momento, desde o minuto cero", enviou 5 asistentes sociais, 2 xurídicos, "fomos os únicos que o fixeron". 

"Só os nenos patalean sen razoar e isto considerámolo que é unha pateadura e unha forma de non esixir á administración autonómica o que lle deberían esixir", resolveu. 

Silva acusa o alcalde de Tui de non esixir responsabilidades á...
Comentarios