Silva critica a actitude de Feijóo polo seu rexeitamento á prórroga do estado de alarma 

Tacha de "irresponsable" que o presidente da Xunta poña "intereses electorais" por riba dos "sanitarios"
Carmela Silva. GONZALO GARCÍA
photo_camera Carmela Silva. GONZALO GARCÍA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse "moi preocupada" respecto da postura que mantén do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, co seu rexeitamento a que se prorrogue o estado de alarma, está demostrado unha actitude "absolutamente irresponsable".

Ao seu xuízo, resulta "absolutamente contraditorio" a formulación que defende a día de hoxe o líder dos populares galegos, e referiuse a declaracións realizadas o 12 de marzo e o 24 de abril, nas que aseguraba que "as eleccións autonómicas en Galicia son absolutamente secundarias, o único que importa é a saúde pública" e que non formaban parte a súa "axenda".

"Que ocorreu para ese cambio tan radical de opinión? Agora se son as eleccións en Galicia a maior urxencia para o presidente Feijóo?", preguntouse, para acusarlle de "pór os Silva critica a actitude "irresponsable" de Feijóo polo seu rexeitamento á prórroga do estado de alarma ou partidarios por riba dos intereses sanitarios".

A presidenta provincial lembrou que expertos como Benito Regueiro, catedrático e xefe de servizo de Microbioloxía do CHUVI, insistiron na toma de precaucións en Galicia ante unha posible segunda onda epidémica, tendo en conta que a circulación do virus foi moi baixa e iso implica que boa parte da poboación non desenvolveu anticorpos.

Nesta liña Carmela Silva pediu "prudencia e cautela" xa que "o risco segue estando moi presente" porque "o bicho segue aí, o virus non marchou" e o Goberno central necesita "marxe de manobra" para o "control" do proceso de desescalada e "evitar novos contagios".

"A que veñen estas présas? Será porque Feijóo cre que lle favorecen as eleccións en xullo?", dixo Carmela Silva.

FALTA DE INSTRUMENTOS 

A presidenta pontevedresa insistiu en que as comunidades autónomas carecen de instrumentos legais para facer fronte ás normas da desescalada que afectan á liberdade de circulación. 

Tamén rexeitou que a Lei Xeral de Saúde Pública e a Lei Orgánica de Medidas Especiais en Materia de Saúde Pública poidan paralizar un dereito fundamental recollido na Constitución. 

"Vai asumir Feijóo os efectos dun posible novo contaxio? Se o mércores non se avala manter o estado de alarma Feijóo será responsable", advertiu Carmela Silva.

Igualmente avisou de que lle esixirá "responsabilidades" ao presidente da Xunta "se xorden novas dificultades que impidan tomar novas medidas para frear unha nova escalada".

Comentarios