Silva esixe a Feijóo que convoque ás deputacións para deseñar un "plan de reconstrución"

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o delegado do Goberno abordan o proceso de desescalada
Carmela Silva. DP
photo_camera Carmela Silva. DP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que convoque de forma "inmediata" aos máximos responsables do catro organismos provinciais para pór en marcha "un plan de reconstrución" para Galicia no actual contexto de crise pola Covid-19. 

Así o expuxo após unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, do que destacou que respondese á súa petición dun encontro. Fronte a esta reunión, criticou que o presidente da Xunta non lles respondeu a pesar de ser "a terceira vez que a solicitamos", sinalou sobre o caso da institución provincial de Pontevedra. 

Por iso, pediu a Feijóo que, aínda que estea "enredado nas eleccións", convoque "de forma inmediata" ás deputacións provinciais para pór en marcha "un plan de reconstrución que non pode esperar máis" e menos "a despois das eleccións". 

Fronte aos "miles de millóns de euros para Galicia para facer fronte ás consecuencias sociais e económicas da Covid" que, segundo asegurou, puxo a disposición o Executivo central, pediu a Feijóo "que informe cantos recursos dos que recibiu do Goberno está a dedicar a facer fronte ás necesidades sociais e economicas en Galicia". 

A presidenta da Deputación de Pontevedra reclamou á Xunta a "cogobernanza" con deputacións e concellos

"Con datos desagregados por provincias". "E que eses 19 millóns para políticas sociais que recibiu diga a que os dedico e se está a cumprir coa obrigación de que cheguen ás entidades locais, cousa que xa digo eu que non están a chegar", sentenciou. 

E é que a presidenta da Deputación de Pontevedra reclamou á Xunta a "cogobernanza" con deputacións e concellos para o que reclamou que se lles convoque a unha reunión. 

Do encontro co delegado do Goberno, explicou que fixeron un "repaso" de todas as medidas postas en marcha polo Executivo como os recursos destinados a Galicia para persoas afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) ou para autónomos. 

PAPEL DE CONCELLOS E DEPUTACIÓNS. Pola súa banda, após a reunión, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, puxo en valor o papel dos concellos e as deputacións no proceso de desescalada. 

Javier Losada felicitou, ademais, a Carmela Silva polo seu "papel proactivo" en buscar "a saída económica, familiar, social e empresarial" da cidadanía

No encontro por videconferencia coa presidenta da Deputación de Pontevedra, ambos analizaron, segundo informa a Delegación do Goberno, esta cuestión e abordaron, ademais, a situación particular dos municipios de Pontevedra

En concreto, aseguran que ambos confiaron en que "a coordinación, a cogobernanza e a cooperación que transmitiu o Goberno de España ás comunidades autónomas chegue desde estas a as corporacións locais, aos concellos e ás deputacións, que son as que están máis preto da cidadanía", dixo o delegado do Goberno. 

Javier Losada felicitou, ademais, a Carmela Silva polo seu "papel proactivo" en buscar "a saída económica, familiar, social e empresarial" da cidadanía "para que ninguén quede atrás". Ademais, a Delegación do Goberno afirma que tomou nota das cuestións comentadas pola presidenta provincial de Pontevedra para "trasladarlle ao Goberno as necesidades das corporacións locais". 

No encontro, tamén trataron as diferentes medidas postas en marcha polo Goberno. En concreto, comentaron iniciativas como o Acordo Social en Defensa do Emprego, "que xa levou 88 millóns de euros á provincia de Pontevedra para abonar as prestacións dos Erte", explica o organismo central.

Comentarios