Sofre feridas de consideración ao arder a moto que reparaba en Ponteareas

O home foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo

Un home sufriu feridas de diversa consideración ao incendiarse a súa moto cando a estaba arranxando en Ponteareas, informaron fontes do 112 Galicia.

O incendio produciuse sobre as 18.30 horas nun garaxe da rúa Castañal.

O home sufriu queimaduras cando intentou sufocar as chamas coa axuda dun extintor.

Foi trasladado ao hospital Povisa de Vigo con feridas de diversa consideración.

Foron mobilizados Urxencias Médicas, Bombeiros de Vigo, o GES de Ponteareas, Policía Local e Protección Civil.

Comentarios