O sol prolongou o furor pola desescalada

As saídas de Pontevedra cara ás praias volveron rexistrar gran cantidade de tráfico. A Policía Local de Poio interveu ofrecendo información a locais de hostalería e os demais corpos de seguridade realizaron tarefas de control das medidas
Ambiente en Sanxenxo. Paseo, praia...
photo_camera O paseo de Silgar, este domingo. GONZALO GARCÍA

O sol sumouse á desescalada e produciuse o furor. As ansias por saír eran moitas e púidose comprobar no primeiro fin de semana sen restricións de mobilidade dentro da área sanitaria e coas terrazas abertas.

Colas, tráfico, cochesA escenificación desas ganas chegou xa na mañá do domingo, con colas e tráfico denso nas saídas de Pontevedra cara ás praias. Aínda que as terrazas non estaban tan cheas como na tarde do sábado, cando foi preciso desaloxar a Praza da Verdura, o ambiente festivo mantívose todo o fin de semana.

As ganas de festa deixan nunha situación delicada aos hostaleiros. "É moi difícil pechar ás 18 horas cando a xente se tomou xa un par de copas, iso o que xera é que a xente se reúna en casas e siga alí a festa, pero sen máscara", indicou o propietario do bar Hama a este xornal. Así, na madrugada do sábado ao domingo producíronse visitas da Garda Civil a polo menos un edificio de Poio no que presuntamente se estaba celebrando unha festa ilegal, aínda que ningún dos asistentes abriu a porta.

JAVI AMBIENTE DE TERRAZAS, SOL PASEOS POR PONETVEDRA..

Algúns dos empresarios da hostalería da cidade lanzaban mensaxes de calma a través das redes sociais. O perfil de La Gramola en Facebook pedía responsabilidade aos veciños e veciñas. O establecemento non abriu as súas portas este fin de semana e a súa propietaria lamentaba nas redes que "por cousas coma esta decidimos non abrir", referíndose ao desaloxo da Praza da Verdura.

PRAIA. O de onte foi para moitos o primeiro día de praia do ano 2021. Zonas como o paseo da praia en Marín ou os areais máis céntricos de Sanxenxo contaban este domingo con máis visitas do normal para un fin de semana de febreiro.

javi praia, paseos por lourido , poio, por bo tempo

A Policía Local realizou tarefas de control para velar polo cumprimento das medidas de seguridade. Deste xeito, en Poio, realizaron labores informativos nun establecemento hostaleiro da rúa da Chousa cuxa terraza non cumpría coas restricións que regulan a desescalada.

O sol que luciu durante o fin de semana foise este luns. A previsión de Meteogalicia anuncia precipitacións intermitentes ao longo de toda a semana. É probable que a choiva e o luns rebaixen a euforia que se viviu nos primeiros días de desescalada. O sentidiño será o mellor aliado para volver á normalidade canto antes.

Comentarios