Un traballador resulta ferido en Mos tras quedar atrapado baixo un motocultor

Un particular deu o aviso ao 112 Galicia
2020030513051010793

Un home resultou ferido tras quedar atrapado pola perna baixo o motocultor co que traballaba nunha leira do municipio de Mos.

Os feitos sucederon sobre as 18,00 horas, nunha leira na Rúa do Abrente, na parroquia de Torroso, cando un traballador quedou atrapado tras caerlle un motocultor encima.

Un particular deu o aviso ao 112 Galicia, que alertou ao 061 e aos Bombeiros do Porriño, ademais da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Comentarios