Un home resulta gravemente ferido ao quedar atrapado baixo unha fresadora en Mondariz

O afectado foi trasladado en helicóptero a un centro hospitalario
Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Imaxe de arquivo do helicóptero do 061

Un home foi evacuado este martes nun helicóptero medicalizado con feridas de consideración tras quedar atrapado baixo a fresadora que manexaba nunha leira no lugar de Penalonga, en Mondariz.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as cinco desta tarde e foron varios os particulares que chamaron para informar do sucedido.

O CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido á gravidade das feridas da vítima, mobilizou ata o lugar do accidente ao helicóptero medicalizado, ao que puido ser trasladado logo de ser excarcerado.

Ese labor correspondeu aos GES e Bombeiros de Ponteareas e do Porriño que foron mobilizados ata o lugar do accidente.