Trasladados dous feridos nun accidente na A-55 en Mos

A colisión rexistrouse ao redor das 7.00 horas

Dúas persoas resultaron feridas este luns tras un accidente con tres vehículos implicados ao seu paso pola A-55 á altura da saída 13, dirección O Porriño, en Mos. 

Sobre as 7.00 horas, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun choque na autovía. Ao mesmo tempo, un dos implicados solicitaba asistencia sanitaria, pois aseguraba atoparse mal. 

Seguidamente, o 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico e aos efectivos do Servizo Municipal de Urxencias de Mos, que tras chegar ao lugar, confirmaron que os dous feridos foran trasladados en ambulancia ao centro hospitalario Fátima de Vigo.