Os servizos de urxencia trasladaron a un home de 40 anos ao hospital ao que un veciño atopou no chan inconsciente xunto a un patinete.
O achado tivo lugar na estrada que une Vigo con Baiona, no cruzamento de Panxón, en Nigrán, media hora antes da medianoite.
O 061 mobilizou ao equipo sanitario de Nigrán e a unha ambulancia de soporte vital básico que finalmente, cando o home recuperou a consciencia, trasladouno ata o hospital Povisa, en Vigo.
Segundo o 112 Galicia, informado do suceso a través do 061, o home tiña un forte golpe na cabeza e "lesións importantes".
Pola súa banda, os axentes da Policía Local enviaron unha dotación ao lugar para tratar de aclarar as circunstancias do suceso, así como o estado real do condutor do patinete.
A persoa que o localizou descoñecía se as lesións que presentaba o ferido eran produto dun accidente ou dunha caída.