As exportacións de DO Rías Baixas chegan ao leste de Europa, República Dominicana e Taiwan

Os viños das 107 adegas que gozan deste distintivo continúan moi presentes en mercados de todo o mundo
Vendimia en una de la bodegas inscritas en la DO Rías Baixas. DP
photo_camera Vendima nunha das adegas inscritas na DO Rías Baixas. DP
A Denominación de Orixe Rías Baixas anunciou este martes que, entre os seus plans de promoción para 2021, marcaron como obxectivo aumentar a súa presenza no leste de Europa, República Dominicana ou Taiwan.

As 107 adegas que exportan os seus viños de xeito internacional manterán ademais unha liña continuista en mercados que xa lles funcionan moi ben como Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Irlanda, Xapón, México, Países Baixos, Polonia e Reino Unido.

A directora de mercadotecnia do Consello Regulador, Eva Mínguez, explicou que o plan para cada país depende do posicionamento dos viños de Rías Baixas nel.

Se é un mercado "incipiente" o eixo principal será a formación, mentres que se ese destino xa ten "certa madurez", sen deixar de traballar cos prescriptores, as accións centraranse en promocións en punto de venda e actividades de relacións públicas.

Deste xeito, en Rusia e República Dominicana a denominación de orixe galega centrará a súa atención en actividades de formación dirixidas a prescriptores, mentres que nos países do leste de Europa levará a cabo unha misión directa con compradores.

Asia tamén formará parte deste cronograma promocional coa celebración de dúas actividades en Corea do Sur  e Taiwan, nas que participarán adegas pontevedresas.

Pola súa banda, nos países da Unión Europea, Estados Unidos, Canadá ou México, onde a súa presenza xa está consolidada, Rías Baixas continuará cunha estratexia similar á de anos anteriores, con accións dirixidas non só ao profesional senón tamén ao consumidor final.

O plan promocional para 2021 combinará propostas on-line, sobre todo durante o primeiro semestre do ano, con actividades presenciais que se celebrarán a partir de xuño, se a situación permíteo e con todas as medidas de seguridade oportunas.

Comentarios