miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

A Xunta di que "a solución" para Maderas Iglesias "debe pasar polo realismo" 

Fábrica de Maderas Iglesias. GOOGLE MAPS
Fábrica de Madeiras Igleisas. GOOGLE MAPS
Conde critica que a entidade, que acumula unha débeda de 35 millóns de euros, "rexeitase" a investidores interesados

O vicepresidente segundo do Goberno galego e conselleiro de Economía, Francisco Conde, defendeu as xestións da Administración autonómico sobre a situación "complicada" que atravesa a empresa Maderas Iglesias, no Porriño, por como "está a ser xestionada" e cuxo futuro pasa por atopar unha solución "realista" para unha entidade que acumula unha débeda de 35 millóns de euros con entidades financeiras.

O conselleiro respondeu deste xeito a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Luís Bará, que recordou que Conde se facía fotos" co propietario dunha empresa que ameaza co peche das súas instalacións, nas que traballan 148 persoas. 

Despois de que Bará asegurase que os avances no conflito, como a convocatoria da Xunta ao comité de empresa e a reunión cos acredores, producíronse grazas "mobiización" dos traballadores, Conde defendeu o papel xogado pola Administración galega á "hora de mediar" coas entidades financeiras, coas que Maderas Iglesias ten unha débeda de 35 millóns de euros

"Se a proposta do BNG é que a Xunta asuma perdas de 35 millóns de euros que ten coas entidades financeiras, a resposta é non", aseverou o manadatario autonómico, que incidiu, tras criticar que a empresa "rexeitase" aos investidores que estaban interesados na fábrica, en que a "solución" para Maderas Iglesias debe pasar "polo realismo". 

A Xunta di que "a solución" para Maderas Iglesias "debe pasar polo...
comentarios
ç