A Xunta pedirá á UE que declare a Pontevedra zona libre de tuberculose bovina

"Esta catalogación outorgará un valor engadido á nosa cabaña gandeira e permitirá reducir o peso das campañas de saneamento sobre as explotacións", afirmó a conselleira de Medio Rural

Ángeles Vázquez visitó una explotación en Dozón. DP
photo_camera Ángeles Vázquez visitou unha explotación en Dozón. DP

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou este martes que o Goberno galego solicitará á Unión Europea a declaración de Pontevedra como provincia oficialmente libre da tuberculose bovina.

Durante unha visita a unha empresa gandeira de Dozón, Vázquez explicou que esta área leva seis anos con todos os requisitos que esixe a normativa comunitaria, ao non superar o 0,1% de rebaños afectados por esta infección.

Pontevedra cumpre "sobradamente" este parámetro, según a responsable de Medio Rural, xa que a UE tan só esixe que esta cociente se cumpra durante tres anos.

Este resultado débese, engadiu a conselleira, ao traballo "rigoroso" realizado polos técnicos do seu departamento e ao "compromiso" dos gandeiros por mellorar as súas producións.

A Xunta espera que coas "estritas" medidas que se están adoptado no resto de Galicia, as outras tres provincias galegas alcanzan "moi pronto" o mesmo estado sanitario respecto da tuberculose bovina.

"Esta catalogación outorgará un valor engadido á nosa cabaña gandeira e permitirá reducir o peso das campañas de saneamento sobre as explotacións", destacou Ángeles Vázquez.

Galicia xa é unha rexión indemne de brucelose ovina e caprina desde 2013 e, o pasado mes de outubro, obtívose esta categoría para a cabaña bovina, e o mesmo sucede coa perineumonía contaxiosa e a leucosis, dúas enfermidades para as que tan só segue activo un programa de vixilancia.

Comentarios