A Xunta prevé finalizar este ano unha nova senda en Salceda

O orzamento é de 900.000 euros
La conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisa los trabajos en la senda de la parroquia de Parderrubias. XUNTA DE GALICIA
photo_camera A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisa os traballos na senda da parroquia de Parderrubias. XUNTA DE GALICIA

A obra que a Xunta está a realizar por un orzamento de máis de 900.000 euros na nova senda da parroquia de Parderrubias, na estrada autonómica PO-411, que une Páramos e Salceda de Caselas, finalizará este ano e suporá "unha mellora importante da seguridade viaria dos veciños".

Así o comunicou este luns a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha visita para supervisar os traballos, que se están realizando no tramo comprendido entre o acceso ao IES Pedras Louras e a travesía de Salceda de Caselas.

Vázquez indicou que as obras, que comezaron fai 15 días e teñen un prazo de execución de 6 meses, consisten na construción dun novo itinerario de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude. Así, executaranse tres tramos de senda, que alternarán por ambas as marxes da estrada.

Ademais, disporase un paso de peóns elevado, melloraranse as interseccións e os accesos ás vivendas, trasladarase unha marquesiña para "gañar en funcionalidade e seguridade" e reporanse algúns tramos da rede de saneamento.

A conselleira remarcou que esta obra supón unha importante "mellora da mobilidade e a seguridade viaria" e, con ela, a Xunta culmina os itinerarios previstos inicialmente no Plan de sendas da comarca de Vigo -cofinanciadas con fondos Feder-, no marco do que xa finalizou os outros 8 itinerarios previstos.

Comentarios