viernes. 05.03.2021 |
El tiempo
viernes. 05.03.2021
El tiempo

​Domingos do Principal bota a andar este domingo coa obra 'Úniko'

Unha escena de 'Úniko', que  iniciará o ciclo Domingos no Principal. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Unha escena de 'Úniko', que iniciará o ciclo Domingos do Principal. CONCELLO DE PONTEVEDRA
As entradas do patio de butacas para o pase das 12 están esgotadas e só quedan vacantes no anfiteatro

Domingos do Principal, o ciclo de teatro infantil e familiar, botará a andar este domingo no Teatro Principal con pase dobre ás 12:00 e 18:30 horas da man de Teatro Paraíso (Áraba), coa representación Úniko

Mesturando as técnicas do títere e do teatro máis realista este espectáculo presenta o desacougante tema dos ciumes, mirando de frente en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor. Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocara que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar. Recomendada a partir de 6 anos, esta peza foi gañadora do Premio FETEN 2020 á mellor interpretación, Maite Bayón.

As sesións, que terán lugar seguindo todas as normas e restriccións vixentes por mor da COVID, só teñen localidades dispoñibles no anfiteatro para o pase das 12 e tamén no patio de butacas para o pase das 18:30h. Poden adquirirse anticipadamente en www.pontevedra.gal, Ataquilla.com ou na billeteira física de 10 a 11 para a sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30h.Choiva_web-1

No caso de que os/as compradores pertenzan a concellos diferentes ao de Pontevedra e estean afectados polo peche perimetral, poden solicitar a devolución das entradas en [email protected] O ciclo continuará o vindeiro domingo 24 de xaneiro co espectáculo de Elefante Elegante, A danza da choiva programado en colaboración coa Rede Galega de Teatros da AGADIC. As entradas poden adquirirse anticipadamente en Ataquilla.com a un prezo único de 4€ máis gastos. 

​Domingos do Principal bota a andar este domingo coa obra 'Úniko'
comentarios
ç