Jane Birkin actuará o 27 de outubro en Pontevedra

Estará acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra nun concerto no Ciclo Voices

Jane Birkin. ADP
photo_camera Jane Birkin. ADP

A actriz e cantante Jane Birkin actuará o sábado 27 de outubro en Pontevedra acompañada da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, un concerto cuxan entradas se poden mercar en Ticketea y Ataquilla e que se enmarca no Ciclo Voices.

Tras case unha década de silencio discográfico e aos seus 71 anos, Jane Birkin volve cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg - Lle Symphonique, editado a pasada primavera.

Neste traballo reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte.

A actuación do 27 de outubro na cidade do Lérez será a única data na que a actriz actuará en España, tras a súa presenza na Primavera Sound.

A organización explicou, a través dun comunicado, que por segundo ano consecutivo, o Ciclo Voices ofrece ao público a oportunidade de gozar dos mellores directos musicais.

Así, Voices xa programou a Jorge Drexler no principio do ano e, ademais de Jane Birkin en outubro, o grupo británico Morcheeba actuará en novembro.

Comentarios