Álex Mene trae a 'Indómita' a Pontevedra

O autor vigués presenta na Libraría Paz o seu último libro
Presentación do libro de Álex Mene. DAVID FREIRE
photo_camera Presentación do libro de Álex Mene. DAVID FREIRE

Unha nena que se entendería moi ben con Pippi Mediaslongas e con Greta Thunberg. Esa é Indómita, a protagonista do último libro do escritor, mestre e fotógrafo vigués Álex Mene, que o xoves pola tarde estivo presentando a súa obra na Libraría Paz de Pontevedra.

O autor falou cos asistentes sobre os distintos temas que trata no volume, dirixido ao público infantil e xuvenil, así como da intertextualidade dunha obra, marcada por unha chea de referencias, de Italo Calvino a Alfred Hitchcock. Indómita e a semente da inmortalidade recibiu o I Premio de LIX Muíño do Vento.

Comentarios