Lunes. 12.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 12.11.2018
El tiempo

Amal en Ruta regresa a Pontevedra do 3 ao 8 de setembro

Imaxe promocional da película 'Gaza surf club', que se poderá ver no Amal en Ruta
Imaxe promocional da película 'Gaza surf club', que se poderá ver no Amal en Ruta

A Mostra de Cinema Euroárabe traerá ao Teatro Principal tres longametraxes e tres documentais. A entrada será gratuíta

Amal a Ruta regresa a Pontevedra. A Mostra de Cinema Euroárabe traerá ao Teatro Principal tres longametraxes e tres documentais.

As obras proxectaranse entre o 3 e o 8 de setembro a partir das 21.00 horas e a entrada será gratuíta.

A iniciativa promovida pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas naceu fai máis de tres décadas cun obxectivo: o achegamento entre a cultura árabel, Hispanoamérica e Galicia a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, concertos, coloquios e outras actividades.

As producións que se proxectarán no principal son as seguintes:


Wajib de Anne Maria Jacir (Luns 3)
Gaza surf club de Philip Gnadt e Mickey Yamine (Martes 4)
Cartas desde Baghad de Sabine Krayenbuhl e Zeva Oelbaum (Miércores 5)
Eshtebak- Clash de Mohamed Diab (Xoves 6)
Cairo Jazzman de Atef Ben Bouzid (Vienres 7)
Ali, la cabra e Ibrahim de Sherif El Bendary (Sábado 8)

Amal en Ruta regresa a Pontevedra do 3 ao 8 de setembro
Comentarios