miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Anunciado o cartel do Son do Camiño 2020

Imagen promocional de O Son do Camiño
Imaxe promocional do Son do Camiño

Daddy Yankee, Jason Derulo e Kase.O son algunhas das confirmacións destacadas

Tras dúas primeiras edicións esgotando entradas o primeiro día de lanzamento, o festival O Son do Camiño regresará en 2020 ao Monte do Gozo de Santiago de Compostela do 18 ao 20 de xuño.

Nesta ocasión contará con 39 artistas de talla internacional, seleccionando destacados referentes de cada xénero, tanto no rock e o indie (The National, Liam Gallagher, Foals, Editors), como na electrónica (The Chemical Brothers, DJ Snake, Armin Van Buuren, Timmy Trumpet), o pop (Jason Derulo) ou os sons latinos e urbanos (Bad Bunny, Daddy Yankee).

"Moitos deles visitarán por primeira vez Galicia, outros o farán por primeira vez cos seus espectáculos e escenografía ao completo, e outros o farán sendo dos artistas máis escoitados nas plataformas dixitais a nivel mundial", apunta o comunicado remitido a Europa Press.

Doutra banda, os artistas galegos coparán máis do 40% da programación con diferentes estilos e pasando por diversas franxas de idade, destacando Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies con Silvia Superstar ou Guadi Galego e os pontevedreses Furious Monkey House, entre moitos outros. No resto de nacionais, nomes como Kase.O, Lola Indigo, Carolina Durante, Natos y Waor, Miss Caffeina ou Rayden.

Os abonos ponse á venda o martes 10 de marzo ás 14:00 horas na www.eventbrite.es. Tras as 100.000 persoas congregadas na súa última edición, O Son do Camiño seguirá "promocionando por todo o mundo a chegada do Xacobeo 2021, dando a coñecer a marca Galicia, e á súa vez, apoiando empresas locais, a cultura galega e fomentar o turismo de toda a comunidade".

MÁS AFORAMENTO E SERVIZOS. Outra das novidades do Son Do Camiño 2020 será a ampliación do seu aforamento, chegando na súa terceira edición a máis de 100.000 persoas. Unha ampliación de aforamento do seu recinto dun vinte por cento cun recinto "máis amplo e máis cómodo", que presentará por primeira vez cun terceiro escenario.

"Ademais, para que a experiencia dos nosos asistentes sexa tan satisfactoria como nas anteriores edicións, contaremos cun plan de transportes e un plan de restauración. Contaremos de novo coa nosa Zona de Descanso que en 2020 será para 4.000 persoas", remarca a organización.

Así mesmo, O Son Do Camiño segue impulsando os obxectivos da Axenda 2030 cunha "recollida selectiva de residuos, un Plan de Transportes que fomenta o uso do transporte público, un Festival comprometido coa efiiciencia enerxética con xeradores e iluminación de última xeración moito menos contaminante e a aplicación dun manual de prácticas para os traballadores e os artistas".

Tamén impulsará o festival o uso de recursos propios –a gran maioría dos provedores serán galegos–, o uso de baños con certificado ambiental, unha política de colaboración con diferentes colectivos e asociacións e "unha campaña de concienciación polo uso do transporte urbano, a optimización da auga na zona de descanso e o uso de colectores de recollida selectiva".

O Son Do Camiño 2020 traballa pola igualdade a través de medidas como un Punto violeta para a información, a prevención e a denuncia de calquera actitude sexista. Tamén a través da formación en igualdade tanto a traballadores como ao público, unha organigrama de mulleres en postos de responsabilidade e dirección nas empresas e a integración en Principíoos Reitores sobre as Empresas e os Dereitos Humanos de Nacións Humanos con especial fincapé na muller. 

Para rematar, aposta o festival en 2020 de novo "pola inclusión de novo cun Plan de Accesibilidade aplicado en todo o recinto e contiguos para que a gran experiencia do Son Do Camiño poida ser gozada por todas e todos".

Anunciado o cartel do Son do Camiño 2020
comentarios
ç