Arrinca un ciclo de concertos na Estrada con Rayden, Erentxun ou Xoel López

Os recitais celebraranse na casa do Lagoeiro baixo o nome Solpores non Lagoeiro
Xoel López. RAFA FARIÑA / ARCHIVO
photo_camera Xoel López. RAFA FARIÑA

O luns 3 de agosto arrinca un novo ciclo de concertos e espectáculos en A Estrada que contará con recoñecidos artistas do panorama musical actual como Rayden, Marlango, Mikel Erentxun, Fredi Leis, Xoel López ou Tanxugueiras.

A primeira edición deste ciclo cultural -que se estenderá ata o 12 de setembro- celebrarase na casa do Lagoeiro baixo o nome Solpores non Lagoeiro, e pretende consolidarse como unha proposta que quere ofrecer "unha experiencia única nun ambiente de proximidade e pegado á natureza".

Nun comunicado remitido aos medios, a organización remarca ademais que a cita na Casa do Lagoeiro permitirá gozar da cultura "con total seguridade". A capacidade do recinto será para 220 persoas e contará con indicacións para o tránsito ademais de xel hidroalcohólico a disposición dos asistentes que deberán levar máscaras.

Ademais das actuacións musicais tamén haberá actuacións de humoristas como Luís Piedrahita e Goyo Jiménez.

Cartel Solpores non Lagoeiro 2020

Comentarios