O Atlantic Fest resiste

O festival saiu adiante satisfactoriamente a pesar da choiva que houbo ao mediodía, que obrigou a cambiar de espazo ás bandas que tiñan prevista a súa actuación en escenarios non cubertos
Ambiente nunha das actuacións do Atlantic Fest. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Ambiente nunha das actuacións do Atlantic Fest. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O festival desta IV edición do Atlantic Fest, cambiando a loxística dos concertos do ano pasado, realizados tamén en bares e en plazas do centro urbán da Illa de Arousa, moveu practicamente tódolas actuacións ao recinto principal na praia do Bao, onde se estableceron catro escenarios.

O VENRES, o día de quecemento do festival, tocaron artistas como Confeti de Odio (seudónimo do cantautor pop Lucas de Laiglesia), a reggaetonera gironesa Albany, o grupo madrileño de rock Chelsea Boots, as tres artistas, tamén madrileñas de Twee Pop, Cariño, o grupo pop Cupido, que foi a banda que máis expectación tivo da xornada no Bao, onde moitos fans corearon as súas cancións. Finalmente, a previsión de choiva fixo que a última actuación da noite cambiase de palco, e así, La Zowi pechou as actuacións da xornada no recinto. Ela, descarada e malfalada, mentres aparecía no escenario presentouse como La Zowi puta, calificativo co que se chamou máis de dez veces en pouco despois de pasar 5 minutos de comezar. O espectáculo da cantante nada en París foi acompañado por outras dúas rapazas en roupa interior e bailaron de forma provocativa.

O SÁBADO, a xornada musical comezou ás 12.35, pero a potente choiva provocou que os dous escenarios que non tiñan carpa se pechasen e os concertos dos respectivos escenarios movéronse para o Escenario Mahou e o Escenario Fest Galicia, máis grandes e con cuberta. Os primeiros en actuar foron Las Odio e Betacam. Ás 15.15, cando tocou o primeiro cabeza de cartel, Nacho Vegas, a choiva deu unha tregua e saiu o sol. O asturiano arrancou co tema El corazón helano do seu último disco Violética (2018) e Humo (Verano fatal, 2007). Despois dos concertos de Mourn e La Bien Querida, foi o turno da única proposta internacional da edición, o neozelandés Marlon Williams, que co seu concerto rock de tintes country, presentou o seu disco Make Way for Love tocando tamén cancións como I'm lost without you e Vampire Again. A Williams seguiulle The New Reamon e despois outro dos pratos fortes, os barceloneses Dorian, que tiveron unha cantidade de público considerable. Os de Barcelona comenzaron o bolo con La Isla, o público víase moi animado, coas mans en alto e bailando co seu synthpop; foi case no final cando tocaron o seu hit A cualquier otra parte, que non foi a última, xa que continuaron con Tormenta de Arena.

A continuación foi o concerto de Apartamentos Acapulco no escenario Mahou, e de volta ao escenario grande, tocaron os cabezóns Los Planetas, que comezaron con Islamabad, do seu último disco. Como é habitual en eles, as letras do cantante, Jota, son irrecoñecibles, a súa forma de cantar baixo os graves da música son moi dificis de distinguir a non ser que sexas un gran fan que coñece tódalas letras. Os granadinos, foron pouco nostálxicos e pasou toda a primeira metade do seu concierto sen tocar nada do seu famoso disco Una semana en el motor de un autobus. A continuación tivo lugar a pinchada de Joe Crepúsculo e ás 02.10 comezou o peche da xornada cos barceloneses Love of Lesbian, quenes foron os que máis público tiveron, as habituais colas da barra de cervexas e dos postos de comida practicamente desapareceron e a carpa do escenario foi pequena para albergar a tanta xente. O grupo repasou a súa carreira, primeiro comezou tocando 1999 (do seu disco homónimo), a continuación seguiulle Nadie por las calles (La noche eterna. Los días no vividos, 2012), e a terceira foi Cuando no me ves (El poeta Halley, 2016). Na súa quinta canción, anunciou que o concerto era un homenaxe ao seu disco 1999, que cumpria 10 anos da súa publicación. A partir desta canción Segundo Asalto, sumáronse máis músicos ao escenario, tres instrumentistas de vento e un guitarrista máis, sendo un total de dez músicos no escenario. A sorpresa do concero foi cando, Iván Ferreiro, que estaba polo backstage do festival, subeu ao escenario para tocar un tema improvisado con eles.

Este DOMINGO o Atlantic Fest rematará cos concertos en hora de sesión vermú na Praza de Abastos, Victor Coyote actuará as 13.00 horas e Los jinetes del trópico ás 14.15, finalizando así coas sesións matinais baixo o patrocinio de Paco & Lola.

Comentarios