Axenda cultural da fin de semana

CONCERTOS
 
Santiago
José Mercé
Presentación do espectáculo Nuevo amanecer, no que cantará os grandes éxitos da súa carreira. Mañá ás 21.00 h. no Auditorio de Galicia.
 
A Coruña
Músculo! + Sr. Anido
Concerto a cargo destas dúas bandas galegas para celebrar a fin de tempada da sala. Hoxe ás 22.00 h. na sala Filomatic.
 
Santiago
> Romaría Pop
A festa organizada por Desconcierto Cultural contará coa actuación de Mequetrefe, La Familia, Músculo!, Diadermin, Disco Las Palmeras!, Sr. Fluzo e The Winning Numbers. Tamén haberá presentacións culturais, obradoiros e unha feira de roupa e vinilos, entre outras actividades. Mañá a partir da 13.00 h. no Parque de Belvís.
 
Vigo
Dave Barker Meets Dandy Fever + Rubén López & The Diatones
Festa reggae e rocksteady coa actuación, entre outros, de Dave Barker. Mañá ás 22.30 h. na sala El Infierno.
 
Pontevedra
Patricia Moon
A música avanzará os temas do seu próximo disco, Oxytocin. Mañá ás 21.00 h. no Teatro Principal.
 
A Coruña
Es Un Árbol + Ocler Delalún II
O grupo vigués Es un Árbol presentará La Buena Nueva, mentres que os coruñeses Ocler Delalún II amosarán o seu rock progresivo psicodélico. Mañá ás 22.00 h. na sala Filomatic.
 
Ferrol
> Pedro Guerra
Este será o único concerto do canario en Galicia para presentar El mono espabilado. Mañá ás 21.00 h. no Teatro Jofre.
 
Vigo / A Coruña
Stormy Mondays + The Highlights
Rock de raíces americanas e soul sureño a cargo desta banda ovetense. Como teloneiro actuará o grupo de rock tributo a Bob Dylan. Hoxe ás 22.30 h. en La Fábrica de Chocolate. Mañá ás 22.00 h. en Le Club.
 
Barco de Valdeorras
Festival Pulpo & Pop
Este ano o cartel contará con Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Blows e Colectivo Oruga, entre outros. Hoxe e mañá no Paseo do Malecón a partir das 19.00 h.
 
A Coruña
Viva la Zarzuela
Representación a cargos de diversos coros de zarzuela co acompañamento do Coro Santa María de Cambre. Hoxe ás 20.30 h. no Fórum Metropolitano.
 
Lugo / Ourense
Kind of Cai
Tributo flamenco ao Kind of blue de Miles Davis. Mañá ás 23.30 h. no Clavicémbalo. O domingo ás 21.30 h. no Café Cultural Auriense.
 
Ourense
Bongo Botrako
Rumba, reggae, ska e punk a cargo desta banda nada en Tarragona. Hoxe ás 21.30 h. no Café Cultural Auriense.
 
A Coruña
Nani García
Concerto deste músico, compositor e produtor musical nado na Coruña. Mañá ás 20.30 h. no Teatro Rosalía de Castro.
 
A Coruña
César Morán Trío
Presentación do libro-disco homenaxe a Álvaro Cunqueiro. Mañá ás 21.00 h. no Centro Sociocultural Ágora.
 
Pontevedra
Flip Corale y Los Macabros
Folk rock a cargo deste grupo galego. Mañá ás 22.30 h. na sala Karma.
 
A Coruña
Orquestra Sinfónica de Galicia
Concerto enmarcado dentro do Festival Mozart. Hoxe ás 20.30 h. no Palacio da Ópera.
 
Vigo
Talesien + Eden
O grupo presentará o traballo El Silencio. Mañá ás 22.30 h. en La Fábrica de Chocolate.
 
Vigo
La maravilla enmascarada
Proxecto a cargo de Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo. Mañá ás 23.30 h. en La Iguana Club.
 
A coruña
Sardines on Fire 2012
Festival cos concertos de Love of Lesbian, El Columpio Asesino e Second. Sábado ás 22.00 h. no porto de Sada.
 
 
TEATRO E DANZA
 
Ourense
La barraca del zurdo
Homenaxe musicada a Daniel Bonaventura, un lanzador de coitelos zurdo. Hoxe ás 21.00 h. no Teatro Principal.
 
Ferrol
Moito conto (un espectáculo 100% ecolóxico)
Comedia musical para un público familiar no que se contan contos. Domingo ás 13.00 h. no Teatro Jofre.
 
Pontevedra
Monólogos 10: Dani Rovira e Pedro Llamas
Dous dos monologuistas de nova fornada da Paramount Comedy. Hoxe ás 22.00 h. no C.S. Novacaixagalicia.
 
Santiago
Tango
Drama que amosa a rebelión xeracional no mundo contemporáneo. Hoxe e mañá ás 21.00 h. no Teatro Principal.
 
Lugo
> Las noches de El Club de la Comedia
Noite de humor cos monólogos de Dani Rovira e Tomás García. Sábado ás 22.00 h. no Auditorio Municipal.
 
Teo
Ultranoite
O Grupo Chévere ofrece un novo espectáculo sobre os temas de actualidade, como o rescate aos bancos. Venres e sábado ás 23.00 h. e domingo ás 13.00 h. no Auditorio da Ramallosa.
 
A Coruña
El tipo de la tumba de al lado
Laura, unha moza viúva e intelectual, e Pablo, un torpe granxeiro, encóntranse nun cemiterio. Con Maribel Verdú e Antonio Molero. Hoxe ás 20.30 h. e mañá ás 19.00 h. e ás 21.30 h. no Teatro Colón.
 
FESTAS E OUTROS
 
Santiago
O Coro da Rá
Presenta o seu novo repertorio, con temas en formato teatro. Sábado ás 20.30 h. no Salón Teatro.
 
Silleda
> Semana Verde de Galicia
Comezou a feira internacional e intersectorial máis importante de Galicia. Ata o domingo no recinto feiral.
 
Malpica
Romaría de Santo Adrián
Festa relixiosa na que destacan a misa e a procesión á ermida de San Adrián do Mar (domingo, 17.30 h.). Toda a fin de semana.
 
Narón
Xuviño 2012
Certame no que adegueiros de toda España ofrecen os seus mellores caldos con produtos gastronómicos da zona. Toda a fin de semana no paseo marítimo de Xuvia.
 
Barro
XXXIII Festa do Viño
Festa vinícola con certame de viños e concurso de pinchos, con cata de albariños e sardiñada. Ata o domingo.
 
Manzaneda
> Festival A Rebusca
Concertos, novo circo, obradoiros e xogos tradicionais nun toldo de circo. Sábado a partir das 11.00 h. na Paradela.
 
A Coruña
> Día do Orgullo LGTB
Actos a prol do movemento de liberación homosexual. Sábado a partir das 21.00 h. nos Xardíns de Méndez Núñez.
 
Ourense
45 Rallye de Ourense
O espectáculo das catro rodas volve á cidade das Burgas, cun tramo espectáculo no polígono de San Cibrao. Desde hoxe, venres.
 
Poio
O día de Colón
Colón “é de Poio” e conmemórano con recreacións e mesmo a chegada da Santa María. Sábado e domingo en Combarro.
 
Cotobade
XXXIII Festa do Requeixo
Exaltación gastronómica desta elaboración a base de queixo. Sábado e domingo na parroquia de San Gregorio de Corredoira.
 
Lugo
Lucus Cultural
Xornada de degustación de pan romano. Sábado na Praza Maior.