Bad Religion actuará en Galicia en 2020 para celebrar o seu 40 aniversario

O concerto será o 30 de maio, pero a localización aínda é unha incógnita
Bad Religion, en el Resurrection Fest 2016. AEP
photo_camera Bad Religion, no Resurrection Fest 2016. AEP

Bad Religion regresará a España en 2020 para celebrar os seus corenta anos de carreira musical cunha xenerosa xira que inclúe Galicia, segundo anunciou HFMN Crew. As citas serán en Barcelona (22 de maio, Poble Espanyol), Madrid (sábado 23 de maio, WiZink Center), Bilbao (domingo 24 de maio, Bilbao Area Kirol Jauregia - Miribilla), Málaga (mércores 27 de maio, Sala París 15), Valencia (xoves 28 de maio, Repvblicca) e Galicia (sábado 30 de maio, sala por determinar). O grupo tocará tamén o 26 de maio en Lisboa. 

Ademais, a promotora adianta que nestes concertos "acompañaranos bandas que normalmente son cabezas de cartel das súas propias xiras". Este venres anunciarase o cartel enteiro e as entradas ponse á venda o 2 de decembro ás 9.00 horas. 

No marco do Route Resurrection, vinculado co festival Resurrection Fest de Viveiro, estes organizadores destacan, pola súa banda, que o dos californianos será "un dos concertos máis importantes do ano" na comunidade galega. E apuntan que "en breves" dirán onde será a actuación en Galicia e con que acompañantes 

Comentarios