A Banda de Música réndelle homenaxe a Walt Disney cun concerto solidario

Máis dun cento de voces infantís colaborarán na actuación que terá lugar este venres

Carme Fouces e Rafael Agulló co cartel do concerto. RAFA FARIÑA - Banda de Música - Walt Disney
photo_camera Carme Fouces e Rafael Agulló co cartel do concerto. RAFA FARIÑA

A beneficio dun proxecto da ONG Eduka realizará a Banda de Música de Pontevedra (BMP) o seu próximo concerto. Será este venres (21.00 horas) no Pazo da Cultura e estará adicado á figura de Walt Disney. A entrada custa 5 euros.

"Contaremos, además, con un mega coro formado por entre 110 y 120 voces infantiles", explicou o mércores, durante a presentación do concerto, o director da BMP, Rafael Agulló. Serán nenos dos coros da Xunqueira, Luis García Limeses e Cantalúa.

Ademais, colaborarán no concerto o actor Esteban Acuña (Tarabelos) e os intérpretes vocais Irene Caruncho e Daniel Sierra, "ambos con experiencia en musicales".

PELÍCULAS. O espectáculo completarase coa proxección de imaxes dalgunhas das películas máis importantes da factoría Disney, de Blancanieves a Pocahontas. "Incluiremos además algunos guiños a sus últimas incorporaciones, Pixar y Lucasfilm".

Segundo contou Rafael Agulló, que estivo acompañado na presentación do concerto pola concelleira de Cultura, Carme Fouces, o recital da BMP servirá para repasar a traxectoria profesional de Walt Disney, dende que era un cativo ata que fundou unha compañía de debuxos e creou a Mickey Mouse.

"Se trata de un concierto pensado especialmente para los niños, aprovechando que coincide con la víspera de la llegada de los Reyes Magos, pero es una propuesta de la que puede disfrutar toda la familia", dixo o director da BMP. "Con esta actuación iniciamos además unha serie de conciertos solidarios que iremos realizando a lo largo del año".

Comentarios