martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Benedicta Sánchez e Touriñán intervirán na gala dos Premios da Cultura Galega

Benedicta Sánchez. SEBAS SENANDE
Benedicta Sánchez. SEBAS SENANDE
A Xunta quere converter o acto, que se celebra este xoves, nun evento de recoñecemento ao sector

A Xunta celebrará este xoves a gala dos Premios da Cultura Galega, un acto que quere converter nun evento de recoñecemento ao traballo do sector ante a pandemia e que contará coa participación de diversos profesionais e figuras de diversos ámbitos. 

Entre eles, os intérpretes Benedicta Sánchez e Xosé Antonio Touriñán, o artista Francisco Leiro, o escritor Manuel Loureiro, Cecilia Carballido (Rende Cooperativa), Xiana Lastra, presidenta de Músicas ao Vivo; Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; ou Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega. 

A gala reflexionará sobre o necesario papel da cultura a través de diferentes pezas escénicas e audiovisuais, como o espectáculo inicial de danza contemporánea a cargo da compañía Kirenia Danza e a súa actuación 'Instante gradual', sobre a dualidade dixital-presencial característica do último ano. 

Tamén destaca a peza audiovisual coordinada polo poeta Yolanda Castaño, na que se conta con rostros coñecidos e anónimos de numerosos profesionais e traballadores da cultura galega, ou a actuación da artista Laura Lamontagne con DJ PicoAmperio e o 'Himno Galego' interpretado pola soprano Laura Alonso.

OITO GAÑADORES. O galardón que se entregará este sábado ao oito gañadores desta edición foi elaborado pola artista Soledad Penalta, que foi recibida este mesmo martes polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. 

A peza, chamada 'Unha decisión profunda', está elaborada en aceiro mediante técnicas de corte, soldadura, manuscrito e pintado, e xoga coa simboloxía do infinito e a primeira letra da palabra 'cultura'. 

Os artistas que recibirán este galardón serán a escritora Ledicia Costas, o fotógrafo Xurxo Lobato, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia FEGATEA, Central Folque, o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj. 

O acto de entrega arrincará ás 18,00 horas na Cidade da Cultura aínda que será retransmitido en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Xunta. 

Benedicta Sánchez e Touriñán intervirán na gala dos Premios da...
comentarios
ç