Unha campaña pide que o Sexto Edificio do Museo leve o nome de Manuel Moldes

A asociación Dinamo reclama unha reunión con Valle e Leal para presentar a súa 'candidatura'

Manuel Moldes na inauguración da súa última exposición no Museo. ALBA SOTELO (ADP)
photo_camera Manuel Moldes na inauguración da súa última exposición no Museo. ALBA SOTELO (ADP)

"Había mucha gente que quería a Manolo", di José Ángel Chas Fontenla. Foi da man deste fotógrafo, alumno de Manuel Moldes na facultade de Belas Artes, que a asociación pontevedresa socio-educativa e cultural Dinamo de Pontevedra presentou unha iniciativa a través da plataforma online de peticións públicas change.org para que o Sexto Edificio do Museo leve o nome do pintor falecido o pasado mes de decembro. Na mañá deste xoves preto de 1.200 persoas respaldaban a proposta.

May Díaz. Viúva de Manuel Moldes
"Este é un exemplo máis do enorme agarimo que a xente lle tiña"

"Este é un exemplo máis do enorme agarimo que a xente lle tiña", explicaba a viúva do artista, May Díaz, sobre a petición. "Á familia pareceunos un detalle fermosísimo. El estaría moi contento de ver que o recoñecían non só como artista senón tamén como persoa".

POSIBILIDADES. Sen embargo, Díaz tamén recoñece que será difícil que as autoridades responsables teñan en conta a solicitude, "porque é certo que se manexan, dende hai tempo, nomes moi importantes".

'Chas' Fontenla. Promotor
"Es un nombre actual, muy pertinente para bautizar ese edificio. Sería de una naturalidad evidente"

Sen embargo, para Dinamo é un nome a ter perfectamente en conta. "Es un nombre mucho más actual, mucho más contemporáneo que los que se barajan, muy pertinente para bautizar ese edificio. A nosotros nos parece de una naturalidad evidente", di Chas Fontenla, que avanza que a súa asociación ten previsto pedir unha reunión en breve co deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e co director do Museo, Carlos Valle, "para presentarles oficialmente la candidatura de Manolo a bautizar ese edificio, para que la tengan en cuenta". 

Ao fotógrafo e ex-alumno de Moldes ocorréuselle lanzar a petición en change.org "porque seguimos conmocionados por su fallecimiento y porque nos pareció una bonita forma de homenajear su figura". Para Dinamo, só se trata de lanzar unha proposta e ver que reacción tiña entre a xente, "comprobar cantas persoas a apoiaban, así de primeiras", di Chas Fontenla.

Outras propostas: De Filgueira Valverde a Castelao

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, que se comezou a construír en 2004 e se inaugurou en 2013, cando xa levaba aberto ao público dende 2008, segue sen bautizar. Ao longo dos últimos anos foron varios os nomes que soaron para facelo. Os máis importantes foron os de Xosé Filgueira Valverde e o de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Houbo peticións de xeito explícito. Xesús Alonso Montero, como presidente da Real Academia Galega, solicitou, no acto central do Día das Letras Galegas de 2015, que o inmoble levase o nome do vello profesor. A Asociación Amigos do Museo, tralo Día das Artes adicado a Castelao (en 2016), pediu oficialmente que levase o nome do de Rianxo.

Comentarios