'Campeones' de Javier Fesser representará a España nos próximos Óscar

A cinta protagonizada polo actor ferrolán Javier Gutiérrez

Fotograma de 'Campeones'. EP
photo_camera Fotograma de 'Campións'. EP

A película Campeones, dirixida por Javier Fesser e protagonizada polo actor ferrolán Javier Gutiérrez, foi elixida pola Academia de Cine para representar a España na próxima edición dos premios Óscar, o número 91, na categoría de mellor filme de fala non inglesa.

O actor Daniel Grao foi o encargado de anunciar o título nun acto celebrado este xoves na sede da Academia de Cine, acompañado polo presidente da institución, Mariano Barroso, e unha notaria.

Campeones, a cinta española máis taquilleira do ano, impúxose ás outras dúas preseleccionadas: Handia, de Jon Garaño e Aitor Arregi, e Todos lo saben, de Asghar Farhadi. 

Comentarios