Cangas proxecta as mellores curtametraxes do Festival de Cans

O filme triunfador, Xoves de comadres, está incluído na programación 
Noemi Chantada
photo_camera Noemi Chantada, directora do flime gañador do Festival de Cans. ARQUIVO

Cangas do Morrazo exhibirá durante este mércores e xoves as mellores curtametraxes do Festival de Cans, entre os que emerxe o filme triunfador, Xoves de comadres, distinguido hai uns días coa Mención Especial do Xurado no Festival de Málaga.

O Cineclub de Cangas do Morrazo reunirá as trece películas que participaron na sección oficial de ficción e animación do Festival de Cans, un certame que acolle a pequena localidade e que pretende emular, con simpatía e sen tanta ambición, ao soado festival internacional de cine a Cannes, na Costa Azul francesa.

Xoves de comadres, dirixida por Noemí Chantada, logrou catro dos principais galardóns na XVII edición do Festival de Cans: mellor curtametraxe, mellor guión, premio do Público e do Xurado dous Veciños e Veciñas.

A película retrata a soidade e o abandono da terceira idade cunha mirada crítica e profundamente humana, segundo destacou o xurado.

Un total de curtametraxes proxectaranse no auditorio de Cangas durante dous días, entre os que tamén sobresaen, 16 de decembro (mellor dirección e fotografía), Todo o mundo parécese de lonxe (mellor actriz para Bruna Cusí) e Mentres iso pasa (mellor actor para Denís Gómez). 

O Cineclub de Cangas colabora co proxecto que asinaron este ano 2020 a Federación de Cineclubs de Galicia co Festival de Cans para promocionar as obras audiovisuais exhibidas no certame.

Comentarios