domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Catalogados nun libro os instrumentos tradicionais galegos

Pablo Carpinteiro, doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago, catalogou nun libro ata 144 instrumentos musicais tradicionais galegos. Presentado na Universidade de Santiago, 'Os instrumentos musicais na tradición galega', é produto de dezaseis anos de investigación.

Vinchas, lapeta, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, palleta, dolio, xipro, requinta ou chirimía, entre outros, son os nomes dalgúns instrumentos musicais que foron tocados en Galicia fundamentalmente no pasado século, aínda que moitos deles soan aínda hoxe por distintos lugares da xeografía galega.

Para completar o volume realizouse un extenso traballo de campo por toda Galicia e o norte de Portugal, estendéndose ademais a áreas de lingua e cultura galegas como a zona do Eo-Navia, o Bierzo, as Portelas de Zamora e San Martín de Trevejo (Cáceres).

Catalogados nun libro os instrumentos tradicionais galegos
comentarios