Chega ás librarías 'Velloucas & Minchas', libro gañador do III Premio María Victoria Moreno

A publicación da actriz e escritora Lorena Conde será presentado no Espazo Libro do Curturgal (Teatro Principal) o vindeiro domingo

Portada do libro de Lorena Conde. DPA obra gañadora do III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuveni, Velloucas & minchas de Lorena Conde Martínez, que fora presentada ao certame baixo o lema Timbané chegoun este mércores ás librarías da man da editorial Cuarto de Inverno. O premio, convocado polo Concello de Pontevedra, que realiza unha achega de 4.000 euros para o autor/a e implica o compromiso de Cuarto de Inverno a editar e publicar a obra gañadora, recibira nesta edición máis de 40 orixinais entre os que o xurado seleccionou a citada obra. Composto pola libreira Luz Gallego, en representación do Concello de Pontevedra, Antonio Manuel Fraga, representando á familia de María Victoria Moreno, Andrea Jamardo Seijo por Cuarto de Inverno e David Cortizo Conde como secretario, considerou como gañadora a peza de Lorena por maioría dos votos apuntando a autenticidade na caracterización das personaxes protagonistas, tres anciás e dúas adolescentes, e a evolución das mesmas dotándoas dunha gran humanidade, tenrura e sensibilidade.

Tamén destaron o ben fi ada que está a trama, os aspectos que toca relativos a temas como a inclusión ou a especulación inmobiliaria e mesmo o humor que está presente en todo o texto. Ademais, o xurado quixo no seu momento deixar constancia de que esta obra é fi el aos valores que sempre defendeu co seu exemplo a escritora que da nome ao premio: María Victoria Moreno. A presentación do libro, que chegou o mércores ás librarías, terá lugar o domingo 29 no Espazo Libro do Culturgal, ubicado no Teatro Principal, ás 18.05 horas. dentro do bloque Libros e Lugares. Os convites para poder asistir a todas as presentacións están dispoñibles no web www.culturgal.com.

Sobre a autora, pontevedresa de Ponte Sampaio, Lorena Conde é licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola USC. Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais e en 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares e homenaxeou á propia María Victoría coa obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos.

Na súa faceta de poeta, gañara coa obra Entullo a XVIII edición do premio Miguel González Garcés (2016). O perfil da boca (poesía) e Santa Inés (teatro) son outras das súas obras publicadas ata Velloucas & Minchas. Neste 2020 ademais do III Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno, resultou gañadora do XXXVI premio Cidade de Ourense de poesía por As puntas da louza.

Comentarios