Contos chegados dende Cabo Verde, Francia e Arxentina en Sete Falares

O festival de narración oral terá lugar entre o 4 e o 11 de xuño en Santa Clara e incluirá un roteiro e unha sesión vermú
Quico Cadaval nun espectáculo de Sete Falares. ANDREA COLLAZO
photo_camera Quico Cadaval nun espectáculo de Sete Falares. ANDREA COLLAZO

A antiga igrexa de Santa Clara volverá ser a sede do undécimo festival de narración oral de Pontevedra Sete Falares, que se celebrará entre o 3 e o 11 de xuño (entrada libre en todos os casos, ata completar cabida). Ademais das habituais contadas (18.00 e 21.00 horas, dependendo do día e do artista), a programación incluirá un vermú e un roteiro.

Dous convidados centrais do evento serán o galego Quico Cadaval e o caboverdiano Adriano Reis. O primeiro abrirá os espectáculos o sábado 3 e volverá para compartir escenario precisamente co segundo o xoves 8. Reis tamén actuará o venres 9. Os galegos Caxoto (domingo 4) e Brais das Hortas (lunes 5) tamén participarán no festival, que este ano contará ademais coa presenza do francés Pepito Mateo (sábado 10). O sábado haberá un roteiro de historias pola cidade.

En canto á presenza de mulleres, haberá catro: as galegas Ánxeles Goas (martes 6) e Carmen Conde (mércores 7), e a aragonesa Cristina Verbena e a arxentina Victoria Siedlecki, que actuarán xunto a Pepito Mateo o venres 9 nunha sesión a tres. Verbena protagonizará ademais o vermú do domingo 11 (13.00 horas). Máis información: na web de Sete Falares

Comentarios