O director Dani de la Torre rodará en Pontevedra a súa próxima película

O director monfortino gravará escenas de '1921. La ley del plomo' en diferentes localizacións da cidade, como o Pazo de Lourizán
Daniel de la Torre
photo_camera Daniel de la Torre

O director de cine Dani de la Torre está a traballar nas localizacións para a súa nova película, 1921. La ley del plomo, un filme de gánsters da Barcelona dos anos 20 para a que volve porse ás ordes da produtora coruñesa Vaca Films e a contar co actor lucense Luis Tosar.

A película rodarase este verán entre Barcelona e Galicia. Entre os escenarios para o filme está a cidade de Pontevedra con localizacións como a Alameda, o paseo de Montero Ríos ou o Pazo do Lourizán.

O monfortino —director de El desconocido— tamén rodará na súa cidade natal, en Lugo, na Coruña e en Santiago.

Comentarios