De Vacas ou Marlango nas "matinés" do Teatro Principal de Pontevedra

Cinco concertos amenizarán as mañás das fins de semana entre os meses de marzo e xuño
Concierto del trío vocal De Vacas, acompañado por Guillerme Fernández a la guitarra. ARCHIVO
photo_camera Concierto del trío vocal De Vacas, acompañado por Guillerme Fernández a la guitarra

A banda madrileña Marlango, liderada pola actriz Leonor Watling, será a encargada de abrir o próximo 4 de marzo un novo ciclo musical que, en horario matinal, acollerá o Teatro Principal de Pontevedra entre os meses de marzo e xuño. 

Xunto a Marlango, por estas "matinés" musicais –como as denominou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro– pasarán os canadenses The Sadies (1 de abril), a banda galega De Vacas (6 de maio), Delafé (3 de xuño) e a Orquestra Os Modernos (4 de xuño). 

Con esta proposta cultural, o Concello de Pontevedra busca "dinamizar" as mañás das fins de semana con espectáculos musicais de "diversa índole" e que están deseñados, segundo apuntou a responsable de Cultura, "pensando en todos os públicos". 

O prezo das entradas roldará entre os 12 e 14 euros

Os cinco concertos celebraranse ás doce do mediodía e estarán acompañados dunha "sesión vermú" que terá lugar en media ducia de establecementos hostaleiros situados nas inmediacións do Teatro Principal. A gran baza deste ciclo, segundo os seus organizadores, é a aposta que realizan por grupos internacionais, nacionais e galegos de "contrastada reputación, valía artística e orixinalidade", buscando satisfacer ao "cada vez máis numeroso público" que reclamaba unha oferta de lecer diúrna "con personalidade e calidade". 

As entradas xa están á venda a un prezo que oscila, en función do concerto, entre os 12 e os 14 euros.

Comentarios