A Deputación reivindica este domingo as poetas feministas da historia

A conmemoración terá como protagonistas ás escritoras Yolanda Castaño, Dores Tembrás, María Xosé Queizán e Chus Pato
Chus Pato. AEP
photo_camera Chus Pato. AEP

Unha homenaxe ás poetas da historia a través da voz de mulleres da provincia, feministas e activistas desde a palabra.

Esta é a proposta coa que a Deputación de Pontevedra prevé celebrar de forma virtual este domingo, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía, que terá como lema 'Nós tamén navegar!', en referencia ao verso feminista por excelencia de Xohana Torres.

A conmemoración terá como protagonistas ás escritoras Yolanda Castaño, Dores Tembrás, María Xosé Queizán e Chus Pato, e cada unha delas fará un recitado poético en formato vídeo que ao longo da xornada serán difundidos, nunha acción colectiva, a través das redes sociais da Deputación.

A acción enmárcase na programación deste mes de marzo, baixo o paraugas do 8-M e o título 'Reivindicando na Escrita', e nela tamén participará a presidenta provincial, Carmela Silva.

Comentarios