O programa da Editorial Galaxia no Culturgal contará con novidades e un espazo infantil

Público nunha pasada edición do Culturgal.RAFA FARIÑA (ARQUIVO)
photo_camera Público nunha pasada edición do Culturgal.RAFA FARIÑA (ARQUIVO)

A Editorial Galaxia estará un ano máis moi presente nesta edición do Culturgal, que se celebrará entre o 29 de novembro e o 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra baixo o lema Dálle unha volta á Feira!.

As propostas da editorial integraranse, durante os tres días, nun programa que desplegará múltiples actividades e máis de 100 actos sobre propostas de empresas, artistas e institucións durante os tres días.

Programación da Editorial Galaxia no Culturgal 

Venres 29 de novembro:

19:45 ESPAZO LIBRO

Presentación/debate dos dous últimos títulos da colección Feminismos.


Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes de Jorge García Marín e Mulleres que (nos) dan que pensar de África López Souto. Presentado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. 

Sábado 30 de novembro:

12:00 ESPAZO LIBRO

Herba de namorar de María do Cebreiro.

Presentación do último poemario da escritora, acompañada por Malores Villanueva (Editorial Galaxia)

16:30 CARPA

Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas de Xoán Curiel. 
Un espectáculo familiar ao redor dos relatos populares e cancións recollidas por Fraguas. Recomendado entre 6 e 12 anos.

18:00 STAND DE GALAXIA

Sinatura de A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada.

19:00 STAND DE GALAXIA

Sinatura de Castelao. Contrutor da nación. Tomo I. 1886-1930 de Miguel Anxo Seixas Seoane.

19:45 ESPAZO INFANTIL

A fraga do meu avó. Mamá Cabra.

A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas.

20:00 STAND DE GALAXIA

Sinatura de Troglo & Dita de Alfonso Barreiro.

20:30 ESPAZO LIBRO

Conversa entre Gonzalo Hermo, Premio de Narrativa Breve Repsol 2019 con Diario dun enterro e Berta Dávila, Premio García Barros 2019, con Carrusel. Presenta Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.

Domingo 1 de decembro:

13:00 STAND DE GALAXIA

Sinatura de Os anxos indecisos de Manrique Fernández e Hotel para coleccionistas discretos de Diego Giráldez.

13:15 ESPAZO INFANTIL

A que cheiran as cores de Juan Casto Rivadulla Fernández.

A agardada guía para coñecer o cerebro! Presentación con Luísa Martínez, directora da colección A lanterna de Aristóteles, e Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.

17:00 ESPAZO LIBRO

Conversa de Susana Pedreira con Arantza Portabales ao redor de Beleza vermella

17:00 STAND DE GALAXIA

Sinatura de Soleando de An Alfaya, ilustrado por Imma de Battle.

17:30 CARPA

O veleiro verde de María Fumaça.

Novo disco da familia María Fumaça e van de presentación á Feira!

19:00 ESPAZO LIBRO

Conversa entre Adolfo Caamaño, Premio Vilar Ponte de Novela 2018 con Matar o heroe e Abel Tomé, Premio Illa Nova de Narrativa 2019 co libro A noite do lobo. Presenta Malores Villanueva (Editorial Galaxia).
 

Comentarios