O Barco de Vapor encalla nunha illa deserta

O Premio O Barco de Vapor quedou deserto na súa 23 edición. Repítese así unha situación que xa se dera en 2005 e 2006, e que se salvou o ano pasado con Unha bruxa ben rara, de Carlos Mosteiro.

O galardón, dotado con 10.000 euros, celébrase dende hai 23 anos e en anteriores edicións recaeu en autores como Agustín Fernández Paz, Xosé Antón Neira Cruz, Paco Martín ou Pepe Carballude, entre outros. A Fundación SM busca potenciar a través deste certame a creación da mellor literatura en galego para nenos e mozos e premiar os autores que escriben nesta lingua.


Unha vez pechada a edición número 23, ábrese o prazo para a recepción de orixinais, que rematará o vindeiro 15 de abril. Ao Premio O Barco de Vapor poden presentarse novelas orixinais escritas en galego, inéditas e non premiadas noutros concursos, escritas por autores vivos no momento de convocarse o certame. Os autores deberán adaptarse a outros requisitos descritos nas bases do Premio.

Comentarios