O viño do Ribeiro, promocionado en 20 restaurantes de Madrid

Unha vintena de restaurantes de Madrid promocionarán os viños da Denominación de Orixe Ribeiro con degustacións gratuítas que poderán gozarse entre o 24 de xuño e o 8 de xullo.

Nun comunicado, o Consello Regulador da Denominación de Orixe explicou que os establecementos que formen parte desta iniciativa ofrecerán aos seus clientes unha copa de viño gratis dunha das seis adegas que se seleccionaron para a ocasión.

Todas elas, segundo o Consello Regulador, forman parte do movemento coñecido como "novo Ribeiro", que utiliza variedades autóctonas como Treixadura, Loureiro, Torrontés, Lado, Godello e Albariño, e que permiten obter aromas de froita branca intensa e heno.

Comentarios