Atopan unha suposta obra de Miguel Ángel na Universidade de Oxford

Unha obra, presuntamente pintada por Miguel Ángel e da que se perdeu toda pista, foi localizada nunha residencia da Universidade de Oxford, segundo informou este luns a BBC.

A obra, colgada na parede da residencia Campion Hall, representa unha crucifixión e, ata agora, atribuíaselle a Marcello Venusti (1515-1579), un artista do círculo de Miguel Ángel Buonarotti (1475-1564).

Con todo un experto italiano, Antonio Forcellino, asegura que, mediante a técnica de infravermellos descubriu que o verdadeiro autor do cadro é Miguel Ángel Buonaroti.

A obra, que foi adquirida pola residencia nunha poxa en 1930, foi enviada ao Museo Ashmolean para a súa custodia.

O seu título é Crucifixión coa Virxe, San Juan e dous anxos de duelo.

Comentarios