Esgotados en hora e media os primeiros 9.000 abonos do Resurrection Fest

Vendéronse todas as entradas das dúas primeiras ofertas de lanzamento, a 95 e 105 euros

Asistentes al Resurrection Fest 2018. IRIA LV
photo_camera Asistentes ao Resurrection Fest 2018. IRIA LV

Tan só hora e media despois de pór á venda as primeiras entradas do Resurrection este luns, o festival anunciou que 9.000 persoas xa adquiriron o seu abono. 

Como era de esperar, en poucos minutos esgotáronse os abonos das dúas primeiras ofertas de lanzamento: a 95 euros e 105 (máis gastos).

44735879501_1d76c96487_z

Trátase de todo "un fito dentro dos 14 anos que levamos de festival", segundo destacan desde a organización. "Prometémosvos que será unha edición de sorpresas e novidades", apuntan.

Tras o éxito das dúas primeiras ofertas, os organizadores decidiron manter o prezo da terceira (115 euros)  ata o próximo anuncio de bandas. 

A venda de entradas realizarase online, exclusivamente a través da súa web tickets.resurrectionfest.es 

Comentarios