Estíbaliz Espinosa gaña o XV Premio de Poesía Afundación

 

A obra 'As neuronas irmás' foi seleccionada entre os 29 orixinais inéditos que se presentaron

 

Estíbaliz Espinosa. SANDRA G. REY
photo_camera Estíbaliz Espinosa. SANDRA G. REY

A autora Estíbaliz Espinosa é a gañadora do XV Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Anunciárono na tarde deste martes en Santiago o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; e o presidente e o secretario do xurado, Luís González Tosar e Xabier Castro Martínez, respectivamente, nunha rolda de prensa á que tamén asistiron as escritoras Berta Dávila e María Neves Soutelo e o escritor Mario Regueira, membros do xurado.

A obra As neuronas irmás, presentada pola súa autora baixo o lema 'Curiosa', foi seleccionada entre os 29 orixinais inéditos que se presentaron á decimoquinta edición do certame.

Na presentación da obra, Anxo Lorenzo pediu darlle máis visibilidade aos novos autores galegos.

Comentarios