Exposicións en tempos de coronavirus: o Museo de Pontevedra gaña visitantes

O Museo de Pontevedra remata 2020 con máis de 50.000 visitas a pesar do confinamento
Un visitante con máscara nunha exposición de Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Un visitante con máscara nunha exposición de Pontevedra. RAFA FARIÑA

Mentres algúns dos centros de arte máis importantes de Europa, como o Louvre ou a Tate, permanecían pechados ao público e algúns dos españois, como o Prado ou o Reina Sofía, recoñecían caídas de visitas de máis do 80%, no ano do confinamento e das restricións sanitarias, o Museo de Pontevedra superou os números de 2019. Foi no verán, coincidindo coa reapertura ao público das Ruínas de San Domingos (entre o 30 de xuño e o 1 de novembro). Segundo datos facilitados pola Deputación, o organismo do que depende o Museo, os visitantes foron superiores aos do ano pasado durante todo o periodo estival, "especialmente no mes de agosto, no que estiveron preto de triplicarse". O Museo recibiu 9.354 persoas en agosto de 2019. Este ano, 24.572.

As Ruínas, un espazo ao aire libre que consegue habitualmente o maior número de visitantes do Museo, só estiveron abertas en 2019 entre o 13 de abril e o 26 de maio, momento no que se descubriu unha fenda na parede lindeira co Instituto Valle-Inclán á que houbo que facerlle un seguimento. O monumento estivo pechado ata o verán deste ano.

Tendo en conta este dato, a pandemia deixa como resultado un descenso de público no Museo de pouco máis de 23.000 persoas, un 28,9% con respecto ao ano pasado. Así, segundo a Deputación, o Museo recibiu 80.765 visitantes en 2019. Ata o momento, en 2020, foron 57.407. "Se deixamos de lado as Ruínas, a caída de visitantes é moito maior e sitúase nun 66,7%". A todo o anterior hai que sumarlle que todos os edificios da institución museística permaneceron pechados entre o 13 de marzo e o 2 de xuño e que, a partir de entón, se abriron con restricións no acceso e sen visitas escolares.

Durante os meses de verán, o Museo mesmo recibiu máis visitas que en 2019: foi grazas á reapertura das Ruínas de San Domingos

EN INTERNET. Ás visitas presenciais que recibiu o Museo habería que sumarlle os centos de interaccións co público que conseguíu a través das súas propostas online, sobre todo, a través das redes sociais. Esa foi tamén a gran aposta de Afundación, que mantivo practicamente todo o ano pechado o Café Moderno. Só o reabriu a finais de setembro para traer a mostra Castelao grafista (facsímile). Afundación non facilita cifras absolutas sobre as súas visitas físicas. Simplemente di que a súa actividade expositiva en Pontevedra "experimentou un impacto de arredor dun 50% menos que en 2019" e fai fincapé na oferta dixital que puxo en marcha, onde asegura que "máis de 31.000 persoas participaron nas visitas virtuais ás súas distintas propostas de arte". 

O outro gran espazo expositivo de Pontevedra, o Pazo da Cultura, é do Concello e non ten rexistro de visitantes. Só pechou durante o estado de alarma e mantivo mostras colgadas practicamente todo o tempo.

As grandes mostras de 2020

Leopoldo Novoa JAVI  CAFE MODERNO: presentacion da exposicion 'Castelao grafista (facsimile)'. Con Miguel Fernandez Cid, Teresa Saiz, Manuel Quintana Martelo, Anxo Lorenzo e Marite Cores. ***Foto de familia, pero tamen detalles da exposicion
As máis importantes exposicións do ano foron do Museo: Leopoldo Nóvoa e Xaime Quessada protagonizaron as dúas máis destacadas.

‘Castelao grafista’
O Café Moderno permaneceu pechado boa parte de 2020. Só acolleu unha mostra, dende finais de setembro, a de Castelao grafista.

Diálogos na pintura
O Pazo da Cultura acolleu dúas grandes mostras: a adicada a Manuel Morquecho e a do décimo aniversario de Diálogos na pintura.DAVID DESPUES DE COMBARRO MUSEO DE PONTEVEDRA (SEXTO EDIFICIO): inauguracion da exposicion de Debut (este ano non hai desfile). ****Hai que facer de todos os creadores, para ter dos ganadores cando anuncien, jueves, 26 nov · 11:15–11:15

Debut
Esdemga suspendeu o desfile de Debut debido á alerta sanitaria. No seu lugar montou unha exposición de deseños no Sexto Edificio (Museo).

Comentarios