Faleceu Ana Kiro

María Dolores Casanova González, a quen todo o país coñece como Ana Kiro, faleceu este venres aos seus 68 anos en Mera, no concello coruñés de Oleiros. Esta actriz, presentadora e cantante levaba meses cun delicado estado de saúde debido a unha longa enfermidade. A capela ardente instalarase no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

Nacida en Arzúa no ano 1942, Ana Kiro tivo que marchar cos seus pais cara a Barcelona cando só tiña nove meses. Foi nesa cidade onde ela comezaría a súa carreira artística coa grabación do seu primeiro disco en 1966.

É en 1973 cando sae á luz o seu grande éxito 'Galicia, terra meiga', un traballo que conseguiu vender más de 100.000 copias. Ata 1998, ano no que se retirou do mundo da música, Ana Kiro fixo numerosos concertos tanto en Galicia como en diversas cidades do mundo.

O seu traballo en televisión fixo que o público lle collera un cariño especial. Nos anos 70 Ana Kiro participaba como intérprete no programa Galas de Sábado, un programa de RTVE que estaba presentado por Joaquín Prat y Laura Valenzuela. Porén, foi nos anos 90 no programa da TVG Tardes con Ana cando definitivamente se colou en case todos os fogares galegos e facéndose coñecida tamén para xeracións máis novas.

Comentarios