Familias de toda Galicia participaron na estrea do XXII Salón do Libro

Sen aglomeracións, a iniciativa recuperou a programación infantil na cidade
Distintos momentos no Salón do Libro. GONZALO GARCÍA
photo_camera Distintos momentos no Salón do Libro. GONZALO GARCÍA

Mergullarse nas profundidades do océano ou cantar e bailar sen moverse da cadeira é unha das propostas do Salón do Libro Infantil que vén de recuperar o Pazo da Cultura. Centos de familias xa pasaron desde a inau-guración do evento polas distintas actividades e, aínda que as máis delas proceden de Pontevedra, a organización constatou o interese que esta iniciativa esperta por toda Galicia. Poio, Bueu, Cangas, Soutomaior, Vigo, Porriño ou Santiago son algúns dos lugares de onde chegou o público do Salón nestes primeiros días.

Os contacontos de Paula Carballeira, Bea Campos e Anxo Moure e os obradoiros de videoxogos, gastronomía e música protagonizaron os distintos recantos deste Salón de "Emerxencia literaria" este domingo. 

Salón do libro. Pazo da Cultura

Cun estrito protocolo de seguridade caracterizado pola redución de aforos, circuítos de entrada e saída e distancia, completouse a xornada dominical na que a estrea de Ás para Álex no auditorio foi un dos pratos fortes. O espectáculo de teatro e monicreques de Baobab Teatro colleitou o entusiasmo do público máis esixente.

O Salón do Libro continúa este luns cunha morea de actividades. Ás 10.30 horas haberá un contacontos virtual para as ecolas da man de Andrea Bayer e Davide González. De 17 a 19.30 horas o Rodalibros chegará ata A Devesa, se a chuvia o permite. Tamén do tempo dependerá que se poida celebrar un contacton na Illa do Covo previsto para ás 18 horas.

Salón do libro. Pazo da Cultura

Comentarios