Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O FICBueu espera a chegada de 15.000 visitantes na súa XI edición

Manuel Pena, Jacobo Sutil, Félix Juncal e Xosé Leal.DP
Manuel Pena, Jacobo Sutil, Félix Juncal e Xosé Leal.DP

A nova entrega do festival contará coa participación de 80 curtos, espectáculos protagonizados por Luis Davila e Carlos Blanco, entre outras actividades

O FICBueu, festival de curtos de Bueu, prevé atraer a 15.000 visitantes nunha edición que se celebrará entre o 7 e o 15 de setembro.

Na presentación do certame celebrada este martes, o director do FICBueu, Manuel Pena, sinalou que o festival se marca o reto do colgar o cartel de non "hai billetes" durante os nove días de duración.

Pola súa banda, o director de Agadic, Jacobo Sutil, destacou a sección Galicia R, que conta con cinco "destacadas curtametraxes de produción galega", ademais de actividades paralelas, gastronomía e espectáculos protagonizados por Luis Davila e Carlos Blanco.

Algunhas desas actividades serán o show De Galicia a Hollywood, cos membros do programa Todopoderosos: o director Rodrigo Cortés, o escritor Juan Gómez-Xurado e o director do programa, Arturo González Campos. Haberá un encontro con Mabel Rivera e gravarase o programa de radio de Carne Cruda, entre outros.

Neste sentido, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, subliña que "nestes anos, o festival non só consolidouse, senón que foi quen de ir crecendo co apoio das distintas administracións pero, sobre todo, co esforzo da organización". 

O FICBueu espera a chegada de 15.000 visitantes na súa XI edición
Comentarios