Gadis reparte un libro con obras de poetas galegos e bolsas con textos de Xela Arias

Campaña de Gadis por el Día das Letras Galegas. EP
photo_camera Campaña de Gadis polo Día das Letras Galegas. EP

Supermercados Gadis repartirá gratis este sábado nos seus establecementos 30.000 exemplares, ata fin de existencias, dun libro que reúne textos de 15 autores contemporáneos, co título de 15 Voces da Nova Poesía Galega, no que tamén se inclúen obras de catro artistas plásticos e fotógrafos emerxentes galegos.

Ademais, tamén se distribuirán 60.000 bolsas de papel reciclado con textos de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021 e 30.000 marcapáxinas coa figura da poetisa. Esta antoloxía poética foi seleccionada, editada e producida pola compañía de supermercados.

Comentarios