Galiciaé convídate ao teatro da man da compañía Lucecús

Sorteamos entradas para gozar do espectáculo 'A órbita do Lucecú' o sábado día 30. Infórmate e participa

Galiciaé invítache a ti e a un acompañante a asistir ao espectáculo A órbita do Lucecú

Tes dúas opcións para conseguir unha das 10 entradas dobres que sorteamos para ver unha obra da compañía Lucecús Teatro, que se representará o próximo 30 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.



►FACEBOOK:
Faite seguidor desta páxina; dálle a 'Gústame'.

Comparte este post no teu Muro.

►TWITTER:
Fai RT a esta información.

Os premiados publicaranse o vindeiro venres día 29 de xaneiro e poderán recoller as súas invitacións na billeteira do Auditorio Gustavo Freire.


A órbita do Lucecú

A compañía Lucecús Teatro nace da confluencia de varios poyectos artísticos. Está integrado por Anxo Manoel, Isa Ferreiro e Rubén Pérez que percorreron os escenarios de Galicia da man doutros grupos como Achádego, Pelimoco ou Microefectos Dramatúrxicos. No seu espectáculo A órbita do Lucecú tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade á vez que a enerxía que conteñen no seu interior marca os seus destinos. A obra, dirixida por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

Comentarios